As xoias de Eva Perón, protagonistas de cine
A película 'Atraco' narra o roubo e posterior operación para a recuperación das pezas.
É unha coprodución hispano-arxentina dirixida por Eduard Cortés e protagonizada por Guillermo Francella, Nicolás Cabré, Amaia Salamanca e Óscar Jaenada, entre outros.
A estrea coincide co sesenta aniversario da morte de Eva Perón, segunda muller do tres veces presidente arxentino Juan Domingo Perón, e todo un ídolo de masas en Arxentina. Tal é a súa lexión de seguidores, que tras o roubo das xoias na xoiaría na que estaban depositadas se desenvolveu unha espectacular operación de rescate encabezada pola propia cidadanía.
Eva Perón era unha grande amante da moda e as xoias e entre as pezas da súa propiedade destacan, por exemplo, un colar birmano de 1890 confeccionado en ouro e rubís; un broche de diamantes e zafiros que nunha poxa recente foi vendido a un prezo que rolda o millón de dólares; ou unha tiara obsequio do rei de Holanda cuxo valor supera os 4 millóns de dólares.
Atrás É unha coprodución hispano-arxentina dirixida por Eduard Cortés e protagonizada por Guillermo Francella, Nicolás Cabré, Amaia Salamanca e Óscar Jaenada, entre outros.