Soporte remoto

Tendencias na xoiaría: outono-inverno 2012

Hoxe en día falar de complementos é falar de moda. Por eso, os grandes diseñadores e as casas de moda a nivel mundial nos revelan que as tendencias actuais na xoiaría nos levan a pezas importantes, de volumen considerable y multicores, convirtíndose nas verdadeiras protagonistas do look diario.

As sortixas son voluminosas e con cores chamativas. Cada firma fixo a súa propia aposta en tendencias, así imos dende a elegancia felina de Cartier ata a visión urbá de Marc. Este volumen tambén o veremos en colgantes e gargantillas, ainda que o simple e delicado segue sendo tendencia. As cores para estas pezas van dende o preto ata as cores pastéis, gañando portagonismo os dourados por enriba dos prateados.

No tocante as pulseiras decímoslle adeus aos pequenos brazaletes e saudamos ás verdadeiras protagonistas: as pezas grandes, chamativas, con colorido e misturas de materiais, texturas e técnicas.

Para rematar, os pendentes voltan a ser grandes, ainda que menos chamativos que as pulseiras e os colares.

O tipo de xoia que leva unha muller reflexa o tipo de persoa que é, o seu estilo e a súa personalidade.

  Atrás
Powered by: Iterdata
© Xoias 2013
Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación en esta web, en cumplimento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. Acepto | Máis información