Un primeiro apuntamento que debes coñecer é que a prata, a diferenza doutros materiais preciosos como o ouro, envellece. Isto débese á acción do sulfuro de hidróxeno (gas inflamable presente na nosa atmosfera en baixas cantidades), a prata entón, cando entra en contacto con este gas, produce unha reacción química que xera sulfuro o que deriva nesa vellez ou perda de brillo do material precioso.
Pero hai solución, máis ben solucións, que todo o mundo nas súas casas pode poñer en práctica, presentámosvos algunhas delas:
A goma de borrar dá moi bos resultados pero ollo, non se recomenda usar en obxectos extremadamente delicados xa que se aplica presionando sobre a peza.
A pasta de dentes é outro material bastante utilizado, a parte de manter limpos os nosos dentes tamén o consegue coa prata. Primerolavar ben con auga e xabón, posteriormente aplicarlle a pasta de dentes deixando repousar a peza uns minutos e logo volver lavar con auga e xabón.
O bicarbonato sódico é moi recomendable parajoyas, xa que simplemente é, ou ben fregar a peza co bicarbonato mesturado con auga ou directamente metelo nun cubo e deixalo repousar durante uns minutos.
Xabón, sal e vinagre tamén son elementos que, mesturados, funcionan moi ben para dar tratamento á prata.
O amoníaco funciona tamén bastante ben para o tratamento en pezas grandes o que se, debe ir mesturado a partes iguais coa auga xa que este component se que pode resultar máis agresivo.
Por último, pero non menos importante, queremos mencionarvos o papel de aluminio, este método consistiría en forrarun recipiente con papel de aluminio e enchelo con auga quente e sal, tras 10 minutos de repouso empezarás a ver resultados notables.
Atrás