Potencia a túa firma de xoias a través das Redes Sociais
Instagram converteuse nunha das redes sociais máis utilizadas para a promoción de novas firmas de moda e complementos, facéndose así un pequeno oco o sector xoieiro, conseguindo achegarse ao público máis xuvenil. Neste ámbito, o papel das " influencers" é fundamental, xa que axudan ás firmas para conseguir unha maior repercusión, dando a posibilidade de mostrar os seus produtos postos na instagramer a través das fotos que soben aos seus perfís. Desta maneira, dependendo da repercusión social que teña o/a elixido/a , conseguirase unha maior visualización dos artigos.
Atrás